O Pontevedra deberá sobrepoñerse nas próximas xornadas á ausencia do seu máximo goleador, Mario Barco. O dianteiro, que caeu lesionado no minuto 14 do partido ante o Guijuelo ao realizar un mal apoio, perderase a lo menos entre tres e catro semanas de competición, segundo as primeiras estimacións.
A boa noticia para os granates é que tras ser explorado este luns polos servizos médicos do club, descartouse que sufra algunha rotura no seu nocello.
De todos os xeitos nos próximos días, cando remita a inflamación, Barco será sometido a unha resonancia magnética que permitirá concretar con maior precisión os prazos de recuperación.
Polo momento o 'pichici' do equipo perderase con total seguridade o choque do próximo sábado (18:15 horas) en Navarra ante o Mutilvera.
MIGUEL LOUREIRO, SANCIONADO
Non será Mario Barco a única baixa para Luisito en Mutilva, xa que Miguel Loureiro viu ante o Guijuelo o seu quinto cartón amarelo da tempada, polo que será castigado cun encontro de suspensión.
Neste apartado situouse con 4 amoestacións, a unha da sanción, Kevin Presa, polo que un cartón no próximo encontro de liga supoñeríalle perderse o partido ante o Real Racing en Pasarón.