Diego Noriega consegue para o Froiz o triunfo no campionato cántabro elite contrarreloxo

Pontevedra
27 de maio 2019

Ademais a escuadra alimenticia participou a fin de semana no Memorial Bruno Neves en Portugal, no que o seu equipo máis novo deu o nivel competindo contra ciclistas profesionais

Diego Noriega, ciclista do Froiz
Diego Noriega, ciclista do Froiz

Positiva fin de semana de competición para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, con dúas frontes abertas en Cantabria e Portugal.

No primeiro lugar, o protagonista foi Diego Noriega, que sen ser un especialista na loita contra o crono conseguiu gañar o campionato cántabro da especialidade na categoría elite celebrado na localidade de Treceño.

Noriega completou o percorrido de 18 quilómetros en 26 minutos e 2 segundos, evidenciando a súa boa adaptación á bicicleta contrarreloxo tras semanas de preparación superando a Ramón Escalante y Enrique Bardón.

Ademais o Froiz desprazouse ata Portugal para tomar parte no Memorial Bruno Neves, no que volvía medirse a equipos do pelotón profesional.

Nas estradas lusas, a pesar de presentarse cun dos equipos máis novos posible, os de Evaristo Portela deron a talla con presenza nas escapadas e con traballo no grupo. 

Ao final Jesús Rodríguez Pociña terminou entre os 20 primeiros da xeral. O vencedor foi o profesional Antonio Angulo (Efapel) con Jorge Bueno no 21º posto.