Dobre desafío mundial para Lorena Patiño nos Países Baixos

Marín
20 de xaneiro 2026

A ciclista marinense prepárase para os grandes obxectivos da tempada internacional de ciclocrós, coa súa presenza na Copa do Mundo Hoogerheide e o Mundial que se disputará en Hulst

Lorena Patiño, no Mundial de XCO de Valais en Suiza RFEC

Chegan as grandes citas da tempada internacional de ciclocrós, e alí estará coa maior ilusión Lorena Patiño na súa primeira tempada como sub-23.

Despois do seu título nacional nesta categoría, a ciclista marinense será parte da Selección Española que se desprace aos Países Baixos para un dobre reto.

Alí estará tamén o alacantino Raúl Mira, sub-23 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

En concreto Patiño e Mira competirán o domingo 25 de xaneiro na Copa do Mundo de Hoogerheide.

Será o último test antes do Mundial que se disputará tamén en terras neerlandesas, en Hulst, do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro.

Os júniors Benjamín Noval, Martín Fernández, Raúl López, Aitana Gutiérrez, Carla Bañuls e Mirari Gotxi completan a Selección Española que competirá en Hoogerheide.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora