Dobre medalla de bronce para o Bádminton Ravachol no Máster Nacional Sub-19 de Tordesillas

Pontevedra
06 de marzo 2024

Raúl Bergua e Carmen Carro, deportistas aínda en idade sub-17, representaron o club pontevedrés na competición nacional

Raúl Bergua, Jesús Pereiro e Carmen Carro no Máster Nacional Sub-19 en Tordesillas
Raúl Bergua, Jesús Pereiro e Carmen Carro no Máster Nacional Sub-19 en Tordesillas / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Ata Tordesillas desprazouse a fin de semana unha delegación do Club Bádminton Ravachol Pontevedra, para tomar parte nunha proba do Máster Nacional Sub-19.

Alí comptieron dúas novas promesas do club pontevedrés, Raúl Bergua e Carmen Carro, aínda de categoría sub-17, e fixérono con grandes resultados.

Bergua alcanzou as semifinais do evento tras superar a varios rivais directos nas roldas previas, quedando ás portas da final ao caer ante o ibicenco Ramón Rovira en tres axustados sets e levando a medalla de bronce.

Por outra banda Carmen Carro conseguiu o mesmo metal ao alcanzar as semifinais no dobres mixto xunto ao estradense Rubén Comeron, e quedou ás portas das semifinais no cadro individual cedendo no seu partido de cuartos de final ante Daniela Corchón.

Uns resultados que outorgan importantes puntos para escalar posicións no ranking nacional mentres preparan a súa participación no Internacional de España Júnior 2024 que terá lugar este mes de marzo en Oviedo.