Dobre medalla para Bea Gómez no arranque do Campionato de España de Piscina Curta

Pontevedra
12 de decembro 2014

A nadadora pontevedresa colgouse a prata nos 200 estilo libre sendo só superada por Melani Costa. Nos 1.500 foi terceira nunha proba na que Mireia Belmonte bateu o record do Mundo. Lara Gómez, Paula Goyanes, Nuria Erselle e Daniel Sánchez completaron a representación do Galaico na primeira xornada

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

Gran inicio de Bea Gómez Cortés no Campionato de España en Piscina Curta que se está celebrando na localidade catalá de Sabadell.

A nadadora pontevedresa colgouse dúas medallas nunha intensa primeira xornada de competición.

Bea finalizou logrou a prata nos 200 estilo libre quedándose a un paso de bater o seu propio record galego (1:57.12) sendo só superada por Melani Costa (1:53.96).

Pola súa banda a lerezana finalizou terceira nos 1.500 libre (15:52.85) nunha proba na que Mireia Belmonte alzouse co ouro batendo o record do mundo (15.19.71). A ribeirense María Vilas foi segunda cun tempo de 15:46.06.

A participación do Galaico na primeira xornada completárona Lara Gómez cun trixésimo posto nos 1.500 (17:34.05), Paula Goyanes vixésimo terceira nos 200 libre (2:03.53), Nuria Erselle finalizando no posto 43 tamén nos 200 libre (2:07.02) e Daniel Sánchez cun trixésimo sétimo lugar nos 1.500 (16:06.25).

Ademais o relevo 4x100 feminino acabou décimo quinto cun tempo de 3:53.49.