Dobre podio para o Froiz na contrarreloxo de Baños de Molgas

Pontevedra
26 de setembro 2021

Os sub23 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Raul Casalderrey e Manuel Rodríguez, conseguiron no Campionato Galego de Contrarreloxo celebrado en Baños de Molgas un segundo e terceiro posto facendo pleno no podio para o equipo pontevedrés

Raul Casalderrey e Manuel Rodríguez no Campionato Galego de Contrarreloxo GD Supermercados Froiz

Os sub23 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Raul Casalderrey e Manuel Rodríguez, desprazáronse esta fin de semana a Baños de Molgas para disputar o Campionato Galego de Contrarreloxo.

Un total de 20 quilómetros, onde os máis duros foron os finais, durante os cales os mozos ciclistas da escuadra alimenticia deron todo para subirse ao podio.

A pesar de que ao seu lado tiñan duros competidores, Casalderrey e Rodríguez fixeron unha gran carreira para lograr o segundo e terceiro posto respectivamente e facer pleno no caixón para o equipo pontevedrés.

Doutra banda, Javier Chacón, na Volta Estremadura, mantivo o tipo durante toda a carreira manténdose na liña líder ata o ataque final.

O deportista do Froiz case consegue a vitoria, con todo, cando ía en solitario en recta de meta, foi neutralizado e fíxose cun cuarto posto na súa categoría e 13 na xeral.