A Selección Española Absoluta de Fútbol Sala fixo pública este mércores a súa primeira convocatoria do ano, e nela volve ter presenza unha vez máis o Poio Pescamar.
Farao ademais por partida dobre, e é a unha habitual nas últimas citas como Laura Uña uniuse agora a granadina Rocío Gómez.
A que non foi citada nesta ocasión pola seleccionadora nacional Clàudia Pons entre as 14 elixidas é a gardameta pontevedresa Silvia Aguete, do Torreblanca Melilla.
Esta convocatoria prodúcese para o dobre encontro amigable que España ten previsto xogar os días 16 e 17 de xaneiro ante Suecia na localidade de Karlskrona.