Dobrete da Gimnástica no Campionato Galego de Clubs

Pontevedra
29 de abril 2024

Por segunda vez na historia o club pontevedrés logrou o título autonómico nas dúas categorías. Fíxoo no campionato celebrado en Pereiro de Aguiar 

Equipo da Gimnástica no Campionato Xunta de Galicia de Clubes
Equipo da Gimnástica no Campionato Xunta de Galicia de Clubes / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Por segunda vez na historia, a Sociedad Gimnástica é, simultaneamente, o mellor club galego tanto feminino como masculino.

A entidade pontevedresa asinou un brillante dobrete no Campionato Xunta de Galicia de Clubs celebrado a fin de semana en Pereiro de Aguiar.

Na clasificación por equipos masculina, a Gimnástica dominou con 126 puntos por diante do RC Celta (108,5 puntos) e CA Santiago (105 puntos). Más apertada foi a clasificación xeral feminina co equipo pontevedrés impoñéndose con 128 puntos polos 125 do Ourense Atletismo e os 101,5 do Ría de Ferrol.

Contribuíron a estes gran resultados con primeiros postos a nivel individual a marchadora Alba Pérez, María Ezquerro en disco, Ariadna Gil en triplo salto, Cris Garrido no 100, Sabela Castelo no 1.500 e Sabela Martínez nos 3.000 metros en canto ao equipo feminino e no masculino Víctor Gallego en disco, Carlos Revuelta en martelo, Jonathan Correa en xavelina, Sergio Coello en salto de lonxitude, Gael Couñago en salto de altura, Alexis Miguéns nos 400 metros lisos e David de la Fuente no 1.500.

Todo un reforzo de moral para a Gimnástica para a segunda xornada do Campionato Nacional de Clubs, que se celebrará a próxima fin de semana.