O Pontevedra B caeu este domingo e xa van dúas xornadas consecutivas que non puntúa. A última delas foi no Manolo Barreiro ante a Polvorín por 0-2.
O filial granate segue penúltimo en Terceira Federación con 20 puntos despois de perder contra o filial lucense, duodécimo con 29 puntos.
Os visitantes adiantáronse no minuto seis de xogo cun tanto anotado por Lansande, que repetiu no 51 para dar a vitoria ao seu equipo.
Consulta a acta nesta ligazón