O regreso ao traballo do Club Cisne Balonmán tras o descanso de Nadal tivo como protagonista á covid.
Segundo confirmou a última hora deste luns o propio club pontevedrés dous dos seus xogadores deron positivo por coronavirus na rolda de test de detección á que foi sometida o plantel e corpo técnico antes de adestrar, cumprindo co protocolo existente.
Eses dous xogadores pasaron a estar en corentena, polo que non estarán dispoñibles para Jabato para os compromisos amigables dos próximos días, como o Memorial Luaces e o Trofeo Cidade de Pontevedra, aínda que si poderían chegar a tempo para o primeiro partido de liga do ano, o 15 de xaneiro na cancha do Villa de Aranda.
Debido a esta circunstancia e para extremar as precaucións o Cisne decidiu adestrar os próximos días con máscara, e tamén utilizala no Memorial Luaces deste martes fronte á SAR de Redondela.
Tras los 27 test realizados a la plantilla del @ClubCisneBalonm antes de empezar los entrenamientos, han dado positivo 2 jugadores, los cuales se encuentran en cuarentena ¡Ánimo chicos!
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) January 3, 2022
Tanto los entrenamientos de hoy como el Memorial se jugarán con mascarilla #SomosCisne pic.twitter.com/voUBwAW0Sc
No que respecta a a Sociedad Deportiva Teucro, a súa volta aos adestramentos foi sen sobresaltos ao non detectarse ningún positivo entre plantel e corpo técnico, polo que os de Irene Vilaboa puxéronse a preparar o esixente inicio de ano que lles espera, no que deberán recuperar as tres xornadas aprazadas polos dous gromos de covid que sufriu o equipo recentemente.