A intensidade dos adestramentos e a introdución de novas superficies, como a herba sintética no fútbol, son algunhas das causas polas que se producen, cada vez de forma máis habitual, lesións graves en deportistas de pouca idade.
Así o asegurou o doutor Juan García Cota, responsable da Selección Española de Fútbol e do Celta de Vigo, na inauguración do XII congreso da Sociedade Española de Traumatoloxía do Deporte (SETRADE) que se celebra desde este xoves, baixo a súa dirección, no Pazo da Cultura e co patrocinio do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
A pesar dos cambios e novas circunstancias as lesións seguen sendo principalmente as mesmas, en primeira causa as musculares e en segundo lugar as de ligamentos "pero sí es verdad que estamos viendo por ejemplo que en parte por superficies y también por el tipo de intesidad de los entrenamientos los niños en edades tempranas están teniendo lesiones mucho más graves que antes", explicou o doutor Cota.
"Antes era muy inusual ver un ligamento cruzado roto en un niño de 14-15 años y ahora lo estamos viendo con cierta frecuencia, lo cual son retos que tenemos los que nos dedicamos a tratar estas lesiones", completou.
Doutor Cota: "Antes era muy inusual ver un ligamento cruzado roto en un niño de 14-15 años y ahora lo estamos viendo con cierta frecuencia"
Tamén inflúe, asegura, a mala adaptación do calzado ás superficies de xogo xa que "los niños que juegan al fútbol por ejemplo quieren jugar con las botas que ven en la televisión y no siempre es lo adecuado para la superficie en la que ellos juegan".
En canto á intesidad e carga de adestramentos e partidos "tenemos que educar mucho a los entrenadores, que creo que se está haciendo y con buenos resultados", asegura, xa que ás sesións de preparación únense ás veces torneos "el fin de semana dos o tres días", un aspecto que "creo que tenemos que limitarlo un poco", defendeu o máximo responsable do congreso que se celebra por primeira vez en Pontevedra os días 18 e 19 de maio e que reúne na cidade de Lérez a algúns dos máis prestixiosos especialistas mundiais en medicina deportivo.
Entre os participantes atópanse expertos internacionais como o sueco Dr. Hakan Alfredson, o suízo Dr. Stefan Eggli ou o Dr. Steven Singleton, de Estados Unidos, que ata hai uns meses formaba parte do Equipo da Steadman Clinic de Colorado (EUA), centro de referencia mundial no tratamento deste tipo de lesións.