A muralla defensiva do Arosa SC para este novo curso en Segunda Federación comeza a construírse coa renovación dun dos seus homes de garantías, o lucense Edgar Redondo.
O central zurdo afronta a súa segunda tempada en A Lomba tras un primeiro ano inesquecible: "Non podía pedir máis: un grupo humano incrible, unha afección que nos apoiou en todo momento e o premio final do ascenso", apuntou.
O ex de equipos como o Racing Villalbés ou a Sarriana foi unha das pezas máis importantes da zaga arousá tras participar en 29 encontros, 22 deles como titular, e acumular case 2.000 minutos.
Asegura o lucense que esta renovación non supón ningunha sorpresa tendo en conta as súas ganas de continuar xa que "onde un é feliz... aí é o sitio. Tiña moitas ganas de seguir formando parte deste proxecto e de afrontar o reto de Segunda Federación con esta camiseta".
E é que o canteirán do Club Deportivo Lugo fará o seu debut no cuarto chanzo do fútbol nacional da man do conxunto arlequinado. Un reto que, asegura, será esixente polo alto nivel da categoría.
Yeray Arousa sae cedido ao Céltiga FC
— Arousa SC (
Ou canteirán Yeray Arousa dará ou paso ao fútbol senior non Céltiga FC, onde xogará en calidade de cedido na tempada 2026/2027.
ℹ️ https://t.co/r4dgwi2PJN#SempreArosa #ArosaSC pic.twitter.com/GIrjED9zDcArosaSCOficial) July 8, 2026
CESIÓN DE YERAY AROUSA AO CÉLTIGA
Outro dos movementos do club arousán na xornada deste mércores é a cesión do canteirán Yeray Arosa ao Céltiga FC.
O defensa dará o salto o fútbol senior en calidade de cedido no conxunto insular, mesmo destino que outra das novas promesas do club como Sindo.
Yeray vén de exercer como capitán no Xuvenil A de División de Honra e, da man do Céltiga, buscará ter minutos en Terceira Federación para gañar experiencia e crecemento deportivo co obxectivo de regresar ao campo da Lomba.