Fin á aventura na Copa do Rei para o Pontevedra Club de Fútbol, que non puido repetir fronte ao Eibar as xestas copeira da pasada tempada. Nunha noite fría e chuviosa, os da Boa Vila deron a cara fronte a un equipo da Segunda División, pero víronse superados polas circunstancias (0-3).
A falta de efectivos dispoñibles afectou visiblemente á aliñación e formulación de Rubén Domínguez, con apenas 14 futbolistas do primeiro plantel completamente sans, 15 se se contaba a un Dani Selma que até entrou na convocatoria visto o panorama. No banco de feito estaban homes como Marqueta, Miki Bosch, Brais Abelenda ou Luisao que arrastraban problemas físicos.
No once aparecía Alain Ribeiro como central, o canteirán Oute debutando no centro do campo e homes con menos protagonismo no que vai de tempada como Conesa, Expósito ou Marcos Denia.
O duelo comezou co Eibar levando a iniciativa e os granates, vestidos esta vez co seu segundo equipamento branco, replegados e coas liñas xuntas para igualar forzas e esperar a súa oportunidade. O terreo de xogo tampouco estaba para moitas bromas coa cantidade de choiva caída, e iso fixo que no inicio non se notase demsiado a diferenza de categoría, con poucos achegamentos ás áreas.
O Pontevedra tardou 18 minutos en aproximarse á meta contraria, cun disparo afastado do debutante Oute que tocaba nun defensor e obrigaba a estirarse a Luís López para enviar a córner.

Xusto despois chegaba a acción polémica da noite. Resende centraba e o balón impactaba de maneira clara no brazo do visitante Buta, coa man baixa pero separada do corpo. Nin o árbitro principal nin o asistente, a escasos metros, concederon unha pena máxima que reclamou con insistencia todo Pasarón.
Esas dúas accións fixeron que o Pontevedra se empezase a crecer e a pisar área contraria, ata que un erro penalizou en exceso os da Boa Vila. Eimil escorregouse no inicio de xogada, en cuarto de campo e o Eibar aproveitou a ocasión. Rápida transición de Magunazelaia e Martón non perdoaba fusilando a un Edu Sousa que pouco antes taponara un remate de cabeza de Olaetxea. 0-1 cando se chegaba á media hora de xogo.
Os granates acusaron o golpe, e o conxunto vasco ameazou con ampliar a vantaxe atopando primeiro con Edu e despois nun remate de Adu Ares que marchou alto por moi pouco.
Pese ao marcador adverso o Pontevedra non se desanimou e volveu tras o descanso cos ánimos e a intensidade renovada para tentar competir polo pase e pola ilusión de volver vivir unha gran noite de Copa. De feito tardou só un minuto en rozar o gol. Yelko aproveitaba unha escorregada de Arambarri para plantarse na frontal e ceder a Denia, o coiro quedaba solto na frontal e Oute non llo pensou cun disparo potente ao que Luís López respondía cun paradón.
O porteiro do Eibar volvíase a lucir no minuto 53 cun chute de Adri Expósito que se dirixía á escuadra. Unha acción que chegaba tras un cuádruplo cambio de Rubén Domínguez dando entrada a Compa, Tiago, Luisao e Vidorreta, buscando repartir minutos e oxigenar o seu equipo.
Foron os mellores minutos dos locais, pero as enerxías empezaron a descender de novo, chegaron tamén os cambios visitantes e o Eibar, á que puido, acabou sentenciando. Foi por medio de Corpas no minuto 64 ao culminar unha rápida transición nunha condución individual batendo a un Edu que chegou a tocar o coiro. Un 0-2 que apagaba calquera intento de rebelión.
Aí acabou a resistencia pontevedresa, que se atopou tamén no 77 cun gran gol de Magunazelaia nun disparo seco desde o frontal para pór o definitivo 0-3.
Faltaba xa só chegar ao final do choque sen incidencias, porque eliminados da Copa do Rei, toca centrarse nunha liga na que calquera punto pode acabar sendo decisivo, e chega sen apenas descanso un duelo vital contra o Celta Fortuna que se disputará xa este próximo sábado en Balaídos.
PONTEVEDRA CF (0): Edu Sousa, Eimil (Luisao, min.52), Montoro, Alain Ribeiro, Adri Expósito (Miguel Cuesta, min.76) , Conesa (Vidorreta, min.52), Oute (Tiago, min.52), Yelko Pino, Joao Resende, Álex González, Marcos Denia (Compa, min.52).
SD EIBAR (3): Luis López, Arambarri, Javi Martínez (Sergio Álvarez, min.60), Nolaskoain, Magunazelaia, Olaetxea, Adu Ares (Ander Madariaga, min.73), Toni Villa (Corpas, min.60), Martón (Bautista, min.60), Álvaro Rodríguez, Buta (Arbilla, min.80).
Árbitro: Miguel González Díaz (Asturias), auxiliado nas bandas por Novoa Hernández e Landrove Lago, con Daniel Miranda Bolaño como cuarto árbitro. Amoestou a Luisao no Pontevedra e a Javi Martínez e Arambarri no Eibar.
Goles: 0-1 Martón (min.29); 0-2 Corpas (min.64); 0-3 Magunazelaia.
Incidencias: Partido de segunda rolda da Copa do Rei disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 3.472 espectadores.

Segunda rolda da Copa do Rei entre Pontevedra CF e SD Eibar

Rubén Domínguez, no partido de Copa do Rei entre Pontevedra CF e SD Eibar

Partido de Copa do Rei entre Pontevedra e Eibar en Pasarón

Partido de Copa do Rey entre Pontevedra e Eibar en Pasarón