Elena Aragón seguirá un ano máis no Poio Pescamar

Poio
22 de xuño 2023

A futbolista gaditana é a sétima xogadora confirmada para o próximo proxecto deportivo do Poio Pescamar na Primeira División nacional

Elena Aragón, no partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca
Elena Aragón, no partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca / Cristina Saiz

O novo proxecto deportivo do Poio Pescamar segue avanzando na súa composición, centrado principalmente nas renovacións dentro dun plantel que asinou o pasado curso o segundo posto na liga regular.

Este xoves tocoulle a quenda a Elena Aragón, que continuará un ano máis na Seca.

O club vermello fixo oficial a súa renovación, a sexta no plantel, despois dun ano no que asinou un notable papel con 8 goles anotados en liga e un máis na Copa Galicia.

"Sen dúbida, a súa chegada foi un acerto e por iso queremos que siga triunfando de vermello", asegura a entidade conserveira.

Elena Aragón é a sétima peza confirmada tras as tamén renovadas Anna Escribano, Martita, Elena, Sandra Buzón e Laura Uña e a fichada Ale de Paz.