O Poio Pescamar segue perfilando o seu plantel para a nova tempada e anunciou unha nova incorporación.
Trátase da brasileira Karina Rodrígues Dos Santos, máis coñecida como Pelé ou Karina Pelé, que se converte na segunda fichaxe do verán da escuadra conserveira.
A brasileira de 33 anos, provén do club Pato Branco, aínda que con anterioridade estivo nas filas do Barateiro e São José, todos eles de Brasil, polo que este será o seu primeiro ano na liga española.
Pelé ocupará a posición de pivote e únese a unha lista na que xa están confirmadas as renovacións de Rocío Gómez, Elena Aragón, Anna Escribano, Martita, Elena, Sandra Buzón, Laura Uña, e a fichada Ale de Paz.
FICHAXE
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) July 7, 2023
Karina Pelé convértese na segunda incorporación do club neste verán
https://t.co/JX6uOJHopj
Benvida a Poio‼️#PoioPescamar pic.twitter.com/afqR1iqMHO