Máis de dúas semanas despois de ter iniciado a pretempada, o Poio Pescamar traballa ao fin co seu plantel ao completo tras a incorporación da xogadora brasileira Karina Pelé, que aos seus 33 anos aterra na Seca procedente do Pato Branco na súa primeira experiencia fóra do seu país.
A pivote carioca, solucionados os probelmas burocráticos que atrasaron a súa viaxe a España, é xa unha máis no día a día do equipo conserveiro, e está en disposición de debutar esta fin de semana no torneo cuadrangular no que estará o Poio Pescamar.
As vermellas xogarán este sábado 26 de agosto en Castro de Rei ante o equipo anfitrión, o FSF Castro, o Burela FS e o Viaxes Amarelle.
Con Pelé xa na dinámica de grupo, o plantel do Poio Pescamar conta só coa baixa deportiva da lesionada Anna Escribano, cuxa ausencia prolongada pode motivar aínda que se produzan movementos no mercado antes de que se inicie a liga.