O Poio Pescamar, terceiro no torneo Vila do Castro

Poio
26 de agosto 2023

A preparación para a nova tempada continúa para o Poio Pescamar, que este sábado disputou o Torneo Vila do Castro ante Pescados Rubén Burela, Viaxes Amarelle e o anfitrión Castro  

Partido de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca
Partido de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca / Cristina Saiz

A preparación para a nova tempada continúa para o Poio Pescamar, que este sábado disputou o Torneo Vila do Castro ante Pescados Rubén Burela, Viaxes Amarelle e o anfitrión Castro.

O cuadrangular deu comezo ás 10:30 horas co duelo entre o Amarelle e o Castro e que se decidiu pola mínima a favor das visitantes cun tanto de Carol Agulla. Este resultado deulles o pase directo á final.

Unha vez coñecido ao primeiro finalista chegou a quenda do segundo partido entre vermellas e lucenses, dous equipos afeitos a enfrontarse en liga polo que calquera cousa podía pasar.

Foi un partido completamente igualado que comezou mandando o Poio Pescamar cun penalti que transformou Laura Uña, pero tras o paso polos vestiarios foi o Burela o máis efectivo para portería e sentenciou por un 2-3 co que alcanzou a final na que lle esperaba o Viaxes Amarelle.

A xornada da tarde iniciouse co encontro polo terceiro e cuarto entre as de López-Tulla e as locais.

As conserveiras eran as favoritas para gañar pero tiveron que sufrir para facerse cun triunfo por 1-2 grazas aos goles de Rocío Gómez e Sofía Rozas.