Èlia Gullí Martínez, nova xogadora do Poio Pescamar

Poio
09 de xullo 2024

Procede do Viaxes Amarelle, equipo no que militou durante tres tempadas. Foi a mellor xogadora catalá durante o curso 2021/2022. Gañou coa Selección Catalá os campionatos de España sub-20 e sub-21

Èlia Gullí no partido de liga entre Marín Futsal e Viaxes Amarelle na Raña
Èlia Gullí no partido de liga entre Marín Futsal e Viaxes Amarelle na Raña /

Èlia Gullí Martínez será nova xogadora do Poio Pescamar na próxima campaña.

A xogadora nada en Tarragona no ano 2000 procede do Viaxes Amarelle, onde militou durante tres tempadas con 20 goles no último campionato.

Durante a súa traxectoria destaca que foi considerada mellor xogadora catalá do curso 2021/2022. Pasou seis tempadas no Futsal Pax, tres no FS Cervera Segarra ata dar o salto a Galicia.

Co Amarelle lograba o ascenso a Primeira División durante a súa primeira tempada.

Èlia Gullí, que ocupa o posto de á, é unha habitual da Selección Catalá desde as categorías inferiores. Foi campioa de España coa sub-20 e a sub-21.

Tamén pasou polas categorías sub-17, a sub-18 e a sub-21 da Selección Española.

Coa sub-18 logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Mocidade de Buenos Aires no ano 2018.

Esta incorporación súmase ás de Ale de PazCandela Soria, xa confirmadas polo Poio Pescamar.