A emoción do automobilismo regresou este sábado a Poio cunha vibrante primeira xornada na XVII Subida á Escusa.
Jesús Pombo (Congostra Team Sanxenxo) lidera a clasificación xeral da proba despois das tres mangas de competición disputadas e tras unha dura pugna co xa campión galego, Alexis Viéitez (Buxa Motor Poio).
Pombo conta cunha mínima renda que deberá defender este domingo nas últimas mangas da carreira.
Un total de 32 pilotos tomaron finalmente a saída na proba que pecha a tempada no Campionato Galego de Montaña.
A Escusa contou con grande presenza de afeccionados ao motor aproveitando a boa climatoloxía , unha asistencia que esperan repetir durante a segunda xornada.