Empate sen goles para o Pontevedra ante o Arenteiro de Terceira División

Pontevedra
08 de agosto 2018

Os granates tomaron parte este mércores no Trofeo do Pulpo no Carballiño nunha nova cita de pretempada enfrontándose ao Arenteiro. O Deportivo B, próximo rival o venres no Estadio Municipal de Pasarón

Kevin Presa recibe o Trofeo do Pulpo tras vencer o Arenteiro nos penaltis
Kevin Presa recibe o Trofeo do Pulpo tras vencer o Arenteiro nos penaltis / Pontevedra CF SAD

O Pontevedra Club de Fútbol tomou parte este mércores no Trofeo do Pulpo no Carballiño, unha nova cita amigable na que o rival era un equipo de Terceira División como o Arenteiro.

Aínda que non conseguiron superar ao seu adversario no marcador, despois de empatar sen goles os granates manteñen a súa imbatibilidade durante a pretempada.

Luismi aproveitou a cita para seguir incidindo no visto en anteriores encontros, pensando ademais en repartir esforzos nunha semana con ata tres compromisos amigables.

Así o Pontevedra formou con Edu en portería, Juan Barbeito, Churre, Campillo e Nacho Lorenzo en defensa, Álex Fernández, Jesús Barbeito, Mouriño, Pibe, Berrocal e Rivera.

Tras non moverse o marcador, o trofeo levárono os granates na quenda de penaltis.

Tras enfrontarse ao Arenteiro, o seguinte choque de preparación terá lugar este venres (20:30 horas) ante o Fabril, proba máis esixente ao tratarse dun rival da mesma categoría. Un día despois, o sábado 11, o duelo programado medirá aos de Luismi co Juvenil de Ponteareas a domicilio (20:00 horas).