Empate xusto entre Arteixo e Arosa (1-1)

O Salnés
13 de xaneiro 2024

O Arosa viaxou este sábado a Arteixo co obxectivo de sumar a súa segunda vitoria consecutiva e afianzarse no cuarto posto da clasificación, pero tras adiantarse e telo todo a favor para facerse cos tres puntos, os de Luisito perdoaron e tiveron que conformarse co empate

Partido entre Atlético Arteixo e Arosa
Partido entre Atlético Arteixo e Arosa / Arosa SC

O Arosa viaxou este sábado a Arteixo co obxectivo de sumar a súa segunda vitoria consecutiva e afianzarse no cuarto posto da clasificación, pero tras adiantarse e telo todo a favor para facerse cos tres puntos, os de Luisito perdoaron e tiveron que conformarse co empate.

O conxunto arlequinado saíu a por todas no primeiro tempo e non tardou en subir o 0-1 ao marcador, goleando por medio de Rubo Blanco cando se cumpriron tan só seis minutos de xogo.

Co tanto de Adrián Otero chegou a reacción do Arteixo, que devolveu o empate media hora despois tras aproveitar un erro individual nas filas do Arosa, enviando o encontro ao descanso cun resultado de 1-1.

Na segunda parte puideron anotar os visitantes cun remate moi claro de Sylla mentres os da Coruña, pola súa banda, víñanselles encima filtrando balóns por dentro para complicar o duelo, aproveitando a aliñación ofensiva dun rival que quería a vitoria custe o que custe.

Arriscaron os de Luisito, pero tamén souberon aguantar as accións de perigo do Arteixo, conformándose finalmente cunha repartición de puntos entre ambos os equipos.

Consulta a acta nesta ligazón