Traballado punto do Arosa ante o Rápido de Bouzas (1-1)

O Salnés
28 de xaneiro 2024

O Arosa logrou este domingo un empate moi traballado na Lomba ante o Rápido de Bouzas. O equipo arlequinado foi de menos a máis e converteuse nun revulsivo no segundo tempo, pero Brais, con tres auténticos paradóns, impediu o triunfo local  

Partido entre Arosa e Rápido de Bouzas
Partido entre Arosa e Rápido de Bouzas / Arosa SC

O Arosa logrou este domingo un empate moi traballado na Lomba ante o Rápido de Bouzas. O equipo arlequinado foi de menos a máis e converteuse nun revulsivo no segundo tempo, pero Brais, con tres auténticos paradóns, impediu o triunfo local.

Fixo todo para gañar o cadro de Luisito, pero non estivo acertado á hora de finalizar e atopou con numerosos problemas á hora de elaborar o seu xogo debido ao mal estado do terreo. Ademais, os visitantes, na súa primeira chegada a área de Manu Táboas, lograban adiantarse cun auténtico golazo por medio de Cristian Pérez.

Tras o paso polos vestiarios repúxose o equipo local. O técnico moveu ficha e modificou o debuxo para que o seu equipo empezase a xogar o balón por fóra e así mellorar en tarefas ofensivas.

Iñaki acertou no 72 para devolver o empate, pero Brais, con tres perfectas paradas, evitou o que puido ser mesmo unha goleada.

Consulta a acta nesta ligazón