O Arosa anuncia os abonos para a segunda volta

O Salnés
26 de xaneiro 2024

O club arlequinado quixo manter o mesmo prezo dos carnés que os do ano pasado, sendo de 50 euros os de Tribuna, 40 Tribuna Xubilado, 40 Preferencia, 35 Preferencia Xubilado, 35 Sub30 e 15 Sub18. Todos os abonos inclúen unha bufanda de agasallo  

Partido entre Arosa e Somozas na Lomba
Partido entre Arosa e Somozas na Lomba / Arosa SC

Coincidindo co inicio da segunda volta da Terceira Federación, o Arosa presentou a campaña de abonados para esta segunda parte da tempada.

O club arlequinado quixo manter o mesmo prezo dos carnés que os do ano pasado, sendo de 50 euros os de Tribuna, 40 Tribuna Xubilado, 40 Preferencia, 35 Preferencia Xubilado, 35 Sub30 e 15 Sub18. Todos os abonos inclúen unha bufanda de agasallo.

Desta forma, os de Vilagarcía aproveitan o encontro deste domingo na Lomba ante o Rápido de Bouzas (17:00 horas) para dar o pistoletazo de saída a unha segunda volta na que necesitarán o apoio da súa afección para lograr manterse nos postos de play-off e ter opcións de conseguir o ansiado ascenso.