Melania Rodríguez e Marta López, do Ximnasia Pontevedra, xunto a Loreto Tuñón, do club Gimnasia Acrobática de Valladolid, lograron o primeiro metal para a delegación española no Campionato do Mundo de Trampolín.
O bronce obtido na categoría feminina da proba de DMT fixo vibrar ao Navarra Area, as tres ximnastas subiron ao pódium só por detrás de Estados Unidos (ouro) e Gran Bretaña (prata).
😯La cara de Melania Rodríguez es la que se nos ha quedado a todos en casa.
— Teledeporte (@teledeporte) November 7, 2025
¡QUÉ ESPECTÁCULO DE SALTO!
España está provisionalmente en la tercera plaza de la final del doble mini-tramp.
DIRECTO | Teledeporte y @rtveplay: https://t.co/nj4EOWJR7N pic.twitter.com/yN8WWNV4LO
Unha destacada actuación nunha xornada onde se puñan en xogo os primeiros metais da cita que se está celebrando por primeira vez en España.
Este sábado Melania Rodríguez disputa a final individual de dobre mini-tramp á que chega coa terceira mellor marca de todas as clasificadas.
