VÍDEO.- Así foi o salto co que Melania Rodríguez bateu o récord do mundo en dificultade

Pontevedra
11 de agosto 2025

A deportista do Ximnasia Pontevedra pasou á historia do dobre mini-tramp (DMT) co seu salto na final dos World Games que se disputan en China

Melania Rodríguez, no podio dos World Games
Melania Rodríguez, no podio dos World Games / International World Games Association

Un día despois a xesta de Melania Rodríguez nos World Games que se están a disputar en China deu a volta ao mundo.

Non é para menos, e é que cun espectacular salto na final do dobre mini-tramp (DMT) a deportista do Ximnasia Pontevedra conseguiu establecer un novo récord do Mundo en dificultade.

Fíxoo grazas a unha pirueta barani carpa tripla que obtivo unha puntuación de 26.900, unha décima máis que a anterior plusmarca.

En concreto o exercicio foi avaliado con 8.900 puntos de dificultade e 18.600 de execución, aos que se descontou unha penalización de 0,600.

A propia Melania foi consciente do salto que conseguira completar nada máis aterrar, realizando un xesto de evidente alegría que foi captado e compartido pola Real Federación Española de Ximnasia (RFEG).

Certo é que a pontevedresa non puido pelexar pola medalla de ouro por ante a puntuación coa que se plantaba na rolda decisiva, pero non resta nada de mérito ao conseguido.

Aínda que medalla de ouro foi para a portuguesa Diana Gago e a prata para a estadounidense Grace Harder, moitos dos focos apuntaron ao terceiro caixón do podio, e estaba máis que xustificado.

Por todo iso a emoción foi desbordante desde o mesmo momento de coñecer as puntuacións, a recado acordándose do seu querido adestrador Pablo Hinojar, do mesmo xeito que fixo a RFEG.