España colga o bronce por equipos da man de Melania Rodríguez e Marta López

Pontevedra
08 de novembro 2025
Actualizado: 18:26

O equipo formado por Melania Rodríguez, Marta López e Loreto Tuñón conseguiron a primeira medalla para a delegación española

Melania Rodríguez, Marta López e Loreto Tuñón RFEG

Melania Rodríguez e Marta López, do Ximnasia Pontevedra, xunto a Loreto Tuñón, do club Gimnasia Acrobática de Valladolid, lograron o primeiro metal para a delegación española no Campionato do Mundo de Trampolín.

O bronce obtido na categoría feminina da proba de DMT fixo vibrar ao Navarra Area, as tres ximnastas subiron ao pódium só por detrás de Estados Unidos (ouro) e Gran Bretaña (prata).

Unha destacada actuación nunha xornada onde se puñan en xogo os primeiros metais da cita que se está celebrando por primeira vez en España.

Este sábado Melania Rodríguez disputa a final individual de dobre mini-tramp á que chega coa terceira mellor marca de todas as clasificadas.

Melania Rodríguez, Marta López e Loreto Tuñón   RFEG