Éxito organizativo e de medallas para o TM Monte Porreiro no Preestatal de tenis de mesa

Pontevedra
10 de decembro 2023

O Tenis de Mesa Monte Porreiro foi o anfitrión durante esta fin de semana do Torneo Preestatal celebrado no pavillón multiusos da Xunqueira de Pontevedra, onde preto de 500 deportistas de Aragón, Navarra, A Rioxa, País Vasco, Asturias e Galicia demostraron a súa mellor versión para clasificarse para o Estatal que se celebrará este ano en Tarragona  

Preestatal de tenis de mesa no Pavillón Multiusos
Preestatal de tenis de mesa no Pavillón Multiusos / Cristina Saiz

O Tenis de Mesa Monte Porreiro foi o anfitrión durante esta fin de semana do Torneo Preestatal celebrado no pavillón multiusos da Xunqueira de Pontevedra, onde preto de 500 deportistas de Aragón, Navarra, A Rioxa, País Vasco, Asturias e Galicia demostraron a súa mellor versión para clasificarse para o Estatal que se celebrará este ano en Tarragona.

Entre eles estaban precisamente xogadores de todas as idades do equipo pontevedrés. "Moitos nenos gañaron os seus partidos e temos moitos postos entre o seis e o doce", explicou o adestrador Nando Álvarez.

Ademais, o Monte Porreiro logrou unha medalla de ouro con Judith Cobas en sénior feminino; as pratas de Daniel Baena (infantil masculino), Brais Díaz (cadete masculino) e Claudia Canay (senior feminino); os bronces de Alba Prado (infantil feminino), Matías Bentancor (infantil masculino) e Mariña García (cadete feminino); e os cuartos postos de Emma Álvarez (infantil feminino), Laura Forte (cadete feminino), Miguel Álvarez (benjamin masculino) e Sonia Villaverde (veterana +40).

Neste sentido, o técnico explicou que se van "moi contentos" tanto polos resultados como a organización e, aínda que "houbo problemas de condensación pola choiva, puidémolo resolver ben".

Destacou ademais que en xeral as sensacións foron "moi boas" despois de organizar a Europa Trophy e o Preestatal, subliñando a gran asistencia que houbo este último torneo con preto de 1.000 persoas congregadas durante o sábado no pavillón multiusos.