Exitosa estrea en Raxó da Travesía a nado Concello de Poio

Poio
08 de agosto 2016

María Ferreira e Francisco Covelo foron os máis rápidos en completar os 2.000 metros de percorrido nas categorías feminina e masculina. Preto de 200 nadadores déronse cita na proba

I Travesía a nado Concello de Poio Diego Torrado

Sobresaliente estrea da Travesía a nado Concello de Poio, celebrada este domingo en Raxó.

Preto de 200 nadadores completaron a proba entre as categorías absoluta (2.000 metros), e as carreiras de menores, máis reducidas en distancia.

Francisco Covelo foi o máis rápido na carreira elite masculina, cun tempo de 25 minutos e 12 segundos, seguido de David Rodríguez e Alberto López.

En categoría feminina a vencedora foi María Ferreira (27:58), escoltada no podio por Sandra Vidal e María Marques.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora