Experiencia rusa para o Galaico Sincro

Pontevedra
16 de setembro 2021

O club pontevedrés conta esta tempada nas súas filas cunha nova adestradora, a ex-nadadora rusa Vitoria Bogma

Vitoria Bogma (derecha) nun adestramento do Club Galaico Sincro Club Galaico Sincro

A nova tempada deportiva comezou este mes de setembro no Club Galaico SIncro, e fíxoo con novidades.

O club pontevedrés conta cunha nova incorporación para o seu equipo técnico, ao que se suma Vitoria Bogma.

Trátase dunha ex-nadadora rusa e adestradora nacional que espera achegar a súa experiencia para continuar a liña de crecemento do club.

Bogma substitúe no cargo a Paula Santiago, que abandona a entidade despois de varios anos.

No novo curso o Galaico Sincro conta con medio cento de nadadoras, aínda que mantén aberto o período de captación con xornadas de balde ata final de mes que se poden concertar no teléfono 655 469 300.