O Estadio Abanca-Riazor será finalmente o escenario do partido de liga de Segunda RFEF entre Fabril e Pontevedra Club de Fútbol.
O Deportivo decidiu cambiar de escenario o encontro do seu filial, que habitualmente xoga na cidade deportiva de Abegondo, e abrir o seu estadio para o derbi, o que ofrece a posibilidade a un maior desprazamento de afeccionados granates.
O duelo disputarase o vindeiro domingo 2 de febreiro ás 12.00 horas.
En anteriores tempadas o feito de xogar en Abegondo limitou a presenza de seguidores pontevedreses para poder garantir o acceso aos socios do equipo local.
Non será así nesta ocasión, ofrecendo unha gran posibilidade para que se mobilice a 'Marea Granate'.
Así o viu tamén o Pontevedra, que confirmou a organización dun desprazamento en autocar para presenciar o partido.
Tamén se poderá acudir ao mesmo comprando a entrada xeral (10 euros) até o xoves nas oficinas do Pontevedra e a partir do mércores na páxina web do RC Deportivo, ao estar limitada a venda online até entón a socios do club coruñés.
O autobús de afeccionados, que sairá se enchen un mínimo de 45 prazas, terá un custo de 22 euros (entrada incluída), tendo prevista a súa saída ás 9.30 horas da mañá desde o Pavillón Municipal dos Deportes.
ON TOUR RIAZOR 🔜🚌
— Pontevedra CF 🦴 (
Viaxa coa 𝓜𝓐𝓡𝓔𝓐 𝓖𝓡𝓐𝓝𝓐𝓣𝓔 e vive ou derbi galego ante ouDeporCanteira ⚽️🏟️
🔹Entrada + autobús 22€ (dende hoxe ás 16:00 ata ou xoves ás 12:00)
🔹Entrada sen autobús 10€ (ata ou xoves ás 12:00 en oficinas) pic.twitter.com/4LAFF7hTzyPontevedraCFSAD) January 27, 2025