Faleceu Manuel Magdaleno, ex delegado do Comité de Árbitros

Pontevedra
25 de abril 2025
Actualizado: 20:12

A capela ardente está instalada na Sala 4 do Tanatorio Pontevedra. Este sábado, ás 19:00 horas oficiarase o funeral na Igrexa Parroquial de San Pedro de Tenorio

Homenaxe a Manuel Magdaleno na Gala do Fútbol Galego
Homenaxe a Manuel Magdaleno na Gala do Fútbol Galego

Case 50 anos dedicados á arbitraxe foron os que converteron a Manuel Magdaleno Solla en todo un referente do mundo arbitral futbolístico.

Primeiro como árbitro (debutou con tan só 17 anos de idade), logo, tras colgar o chifre, como directivo, chegando a ser delegado da Delegación de Pontevedra do Colexio Galego de Árbitros de fútbol, e máis tarde colaborando como informador arbitral.

Manolo Magdaleno faleceu este venres, aos 76 anos de idade, deixando unha fonda pegada entre os que lle coñeceron.

Como árbitro (case 20 anos en activo) chegou a dirixir partidos en Terceira división durante 4 tempadas e como delegado nada menos que 19 anos, nos que, entre outros logros, conseguiu que o colectivo pontevedrés dispuxese dunha sede propia.

A capela ardente está instalada na Sala 4 do Tanatorio Pontevedra, desde onde sairá este sábado, ás 18:30 horas, cara á Igrexa Parroquial de San Pedro de Tenorio, onde ás 19:00 horas oficiarase o funeral polo seu eterno descanso.