Festín goleador do Pontevedra en Vilalonga (1-8)

Pontevedra
25 de agosto 2021

O Pontevedra consegue o seu maior goleada da pretemporada á conta dun Vilalonga que non puido plantar cara ao empuxe dos granates e do canteirán Martín Diz, que asinou catro dos oito tantos dos de  Pasarón

Álex González recolle o trofeo despois de derrotar nun amigable ao Villalonga Pontevedra Club de Fútbol

Explosión goleadora do Pontevedra na última semana de pretemporada. Os granates pasaron por encima do Villalonga no campo de San Pedro cunha choiva de goles que levaron a firma das puntas de lanza do equipo que adestra Ángel Rodríguez. Brais Abelenda abriu a lata pasada a media hora e ao festival anotador apuntáronse Charles que asinou un dobrete como o de Abelenda e Martín Diz, que saíu do banco tras o descanso para anotar un póker.

Tardou o Pontevedra en romper o armazón defensivo do cadro sanxenxino. Houbo que esperar máis de media hora para asistir ao primeiro achegamento con perigo dos granates á meta rival. Foi Rubio o que estrelou un disparo afastado no traveseiro cumpridos os 30 minutos de xogo. E á xogada seguinte, Seoane gañou a liña de fondo para poñer un pase atrás a Brais Abelenda, que marcou a pracer. O tanto da tranquilidade chegou xusto antes do descanso cando Charles acertou a resolver con mestría un man a man.

Tras o paso por vestiarios, o técnico deu entrada a Martín Diz en substitución do ata o de agora pichichi da pretemporada Oier Calvillo. E o canteirán deu o primeiro paso para arrebatarlle o título honorífico ao seu compañeiro no primeiro balón que tocou para mandalo ao fondo da portería despois de irse de varios rivais, facer unha parede con Charles e definir con calidade ante o porteiro. 

O dianteiro brasileiro ampliou a goleada ao transformar un penalti e xusto tras cumprir os sesenta minutos de partido, Brais Abelenda facía o quinto ao resolver outro cara a cara co gardameta local. 

Logrou o Vilalonga inaugurar o seu marcador no minuto 66, antes de que Ángel Rodríguez introducise unha nova onda de cambios. Saltaron ao céspede *Álex González, Santi Figueroa, Fabio Grajales, Miguel Román, Samu Santos e Pablo López para ver como os granates seguían ampliando a súa renda. Martín Diz completou o seu triplete ao rematar un centro de Álex González e alcanzou o póker nunha xogada similar ao mandar tamén ao fondo da rede outra asistencia do capitán granate. 

VILLALONGA (1): Jose Rex, Nico, Carlos, Noue, Marcos, Eloy, Gabri, Manu, Brian, Michael, Cavani. También jugaron Rodri, Álex, Yoni, Bisti, Barbeito y Pablo.

PONTEVEDRA (8): Álvaro Cortés, Seoane, Churre, Pacheco, Samu Araújo, Javi Rey, Romay, Brais Abelenda, Oier Calvillo, Alberto Rubio, Charles. También jugaron Santi, ÁLex, Martín Diz, Samuel Santos, Miguel Román, Fabio Grajales y Pablo López

Goles: 1-0, Brais. 2-0, Charles. 3-0, Martín Diz. 4-0, Charles. 5-0, Brais. 6-0 Martín Diz. 7-1, Martín Diz. 8-1, Martín Diz.