Fichar un extremo, prioridade do Cisne tras a incorporación de Chapela

Pontevedra
01 de xullo 2016

David Chapela foi presentado este venres como novo xogador do Cisne nun acto no que explicou que lle custou deixar o Teucro "por la afición" e que non aceptou a oferta cineísta "porque me quedara sin opciones". O club pontevedrés anunciou ademais as renovacións de Guille Rial, Iago Cadrado e Pepe Camiña

Presentación de David Chapela como xogador do Cisne no ximnasio Gymsport
Presentación de David Chapela como xogador do Cisne no ximnasio Gymsport / PontevedraViva

O Cisne ten "casi cerrada la base de la plantilla". Así o confirmou o seu presidente, Santiago Picallo, na presentación da súa primeira fichaxe, o central David Chapela.

O xogador pontevedrés explicou que lle custou deixar o Teucro "por la afición" e sinalou que "espero que lo entiendan", en relación á súa incorporación ao outro equipo da cidade. "Yo no veo tanta rivalidad entre Teucro y Cisne, pero me costó por el tema de que la gente se lo tomara mal", explicou.

Ademais Chapela quixo deixar claro que "no vengo al Cisne porque me quedara sin opciones", pero que primou a súa intención de terminar a carreira universitaria que está a cursar.

O proxecto que lle expuxo o presidente e tamén o novo adestrador, Jabato, foi tamén importante na súa decisión, e é que os pontevedreses esperan dar un paso á fronte para non pasar os apuros da última tempada e manterse na División de Honra Prata con solvencia.

Tras a fichaxe de Chapela a prioridade do club agora pasa por incorporar a un extremo dereito tras a decisión de Ramón Gil de non renovar e quedar en Lalín. "Es el puesto en el que más cojeamos", recoñeceu Sanriago Picallo, xa que Pablo Rey arratras problemas físicos.

A partir de aí, tentaranse pechar as últimas renovacións e fichar polo menos unha primeira liña que complete o plantel. No apartado de renovacións o Cisne anunciou tamén nas últimas horas o acordo de continuidade cos pivotes Iago Cadrado e Pepe Camiña e o central Guille Rial.