A Terceira División tenta recuperar aos poucos a normalidade tras varias semanas acumulando aprazamentos de partidos debido á covid.
Un dos equipos afectados, no seu caso directamente por ter enfrontarse a equipos que reportaron algún positivo ou con parte do seu persoal confinado é o Arosa, que viu como se aprazaban os seus dous primeiros partidos do ano fronte ao Arenteiro e á UD Ourense, ambos por esta circunstancia.
Agora o cadro arlequinado xa coñece cando se disputará o primeiro deles, un encontro marcado en vermello no calendario ao enfrontar aos dous primeiros clasificados, Arenteiro e Arosa.
Segundo confirmou a Real Federación Galega de Fútbol este choque disputarase finalmente no Carballiño o vindeiro mércores 10 de febreiro ás 16.30 horas.
dun bo número de partidos pendentes de celebración en Terceira División
— RFGF (@futgal) February 3, 2021
O @BerganFC - @udpaiosaco de hoxe abre o calendario de recuperación de encontros aprazados pic.twitter.com/RiiwVEuETU
Actualmente o Arosa, con 25 puntos, está a só 1 do liderado que ocupa o cadro ourensán, de aí a importancia dun partido que obrigará a un esforzo extra aos de Rafa Saez, xa que nunha semana afrontarán tres xornadas de liga, empezando o vindeiro domingo día 7 en casa do Choco e terminando o día 14 na Lomba fronte ao Pontellas.
Desta forma quedaría só pendente de recuperar para os de Vilagarcía o encontro aprazado contra a UD Ourense.
Pola súa banda o Ribadumia debe fixar tamén a data dos encontros pospostos polo confinamento de parte do seu plantel, contra o Atios na Senra e o Estradense a domicilio.