Fran Rico, do Eibar ao Sporting de Xixón: será o seu novo secretario técnico

Pontevedra
10 de maio 2022

Fran Rico estará, a partir de agora, un pouco máis preto de casa. Tras colgar as botas e sumarse ao staff técnico da SD Eibar, onde traballou como observador, fichou por un dos clubs históricos do fútbol español, o Sporting de Xixón

Fran Rico, nun partido co Granada Granada CF

Fran Rico estará, a partir de agora, un pouco máis preto de casa. Tras colgar as botas e sumarse ao staff técnico da SD Eibar, onde traballou como observador tres anos, fichou por un dos clubs históricos do fútbol español, o Sporting de Xixón.

Será o seu novo secretario técnico, segundo anunciou o equipo asturiano, que confirma que ambas as partes chegaron a un acordo que lles unirá ata xuño de 2023.

O ex xogador do Pontevedra incorporarase de maneira inmediata ao seu posto de traballo en Mareo e farao baixo as ordes de Javi Rico, o actual director deportivo do Sporting, co que xa coincidira en Pasarón.

O Sporting de Xixón, que actualmente milita en Segunda División, atópase nestes momento loitando por non descender á Primeira RFEF. A falta de tres partidos, ocupa o posto 17 con dous puntos de vantaxe sobre a última das prazas de descenso.

Na súa carreira profesional nos terreos de xogo, Fran Rico vestiu as camisetas do Pontevedra CF, o Real Madrid Castela, o Granada CF e a SD Eibar.