Volverá o fútbol na tarde de domingo ao Estadio Municipal de Pasarón.
Once xornadas despois da última vez, os granates competirán nun horario dominical vespertino, segundo desvelou a Real Federación Española de Fútbol ao dar a coñecer os horarios da xornada 16 do campionato.
Trátase do partido que enfrontará ao Pontevedra e o Arenas de Getxo, e que se fixou para o domingo 14 de decembro ás 18.15 horas da tarde.
𝑯𝑶𝑹𝑨𝑹𝑰𝑶𝑺 | Confirmado o horario para a xornada 16 de @Primera_RFEF ‼️
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) November 21, 2025
🏆 1ªRFEF | Xornada 16
⚔️ @arenas_club1909
📅 Domingo 14/12
🕖 18:15#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️♥️#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/wtZ2cLFAcM
Será só a segunda vez en toda a tempada que os granates compitan no seu horario predilecto, posto que até a data era o equipo que máis veces fora fixado en sábado. En concreto en 11 das 15 xornadas.
A última vez que xogaron en casa un domingo pola tarde foi contra o Tenerife na terceira xornada, o 14 de setembro.
Desde entón afrontáronse os encontros en Pasarón contra o Talavera (domingo 12.00), Osasuna B (sábado, 16.00 horas), Zamora (sábado, 14.00 horas) e Mérida (sábado, 16.15 horas).
Antes de chegar ao encontro contra o Arenas. O Pontevedra afrontará aínda tres duelos en sábado, este 22 de novembro en Lugo (16.15 horas), o 29 de novembro contra o Guadalajara en Pasarón (18.30 horas) e o sábado 6 de decembro visitando o Celta Fortuna (16.15 horas).
O choque contra o Arenas será ofrecido por televisión unicamente polas plataformas LaLiga+ e FC Play.