É só a súa terceira edición pero empeza xa a ser un evento plenamente consolidado.
O Complexo Deportivo Manolo Barreiro da Xunqueira foi escenario durante este mércores 16 de abril da terceira edición 'El Torneo del Año'.
A iniciativa futboleira congregou un bo número deportistas para gozar da xornada e colaborar por unha boa causa.
Participaron en concreto un total de 16 equipos.
Esa causa era recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Unha maneira de pór un gran de area no obxectivo común de chegar ao 70% de supervivencia ante esta enfermidade no ano 2030.
A organización habilitou a posibilidade de colaborar economicamente durante a xornada pero tamén nunha fila cero online.
A xornada tiña previsto concluír ademais con 'A Festa do Ano 2025' no Liceo Casino de Pontevedra a partir das 23.00 horas, cunha entrada solidaria de 2,99 euros que se sumar a todo o recadado previamente.