Galicia, a por todas no Campionato de Europa de Fútbol Gaélico que se xogará en Pontevedra

Pontevedra
06 de xullo 2022

Os campos do complexo Manolo Barreiro da Xunqueira e de Mointe Porreiro, xunto ao da Seca en Poio, acollerán os días 15 e 16 de xullo o Europeo de fútbol gaélico

Partido da Selección Galega de Fútbol Gaélico
Partido da Selección Galega de Fútbol Gaélico /

O Campionato de Europa de Fútbol Gaélico que se celebrará os días 15 e 16 de xullo en Pontevedra e Poio será o de maior participación da historia.

Así o asegura a Real Federación Galega de Fútbol, optimista en canto ás posibilidades da Selección Galega de pelexar polo título continental deste deporte de orixe irlandesa cos seus dous equipos, masculino e feminino.

A competición absoluta, denominada 'Championship', terá lugar no campo Manolo Barreiro da Xunqueira e no de Monte Porreiro, mentres que a competición Development, para seleccións en desenvolvemento, celebrarase no campo da Seca, en Poio.

Galicia xa coñece aos seus rivais na fase de grupos, quedando emparellada na competición masculina con Francia e Bretaña (o outro grupo compóñeno Luxemburgo, Benelux e Iberia) e na feminina con Bretaña, Luxemburgo, Alemaña e Francia B, estando o segundo equipo galego no outro grupo con Francia, Benelux, Iberia e o GGE Team.

No último Europeo celebrado en Bretaña Galicia proclamouse campioa na categoría feminina e subcampioa na categoría masculina, logro que aspiran a repetir en casa.