Georgina Bland dálle ao Bádminton Ravachol a súa primeira alegría da tempada

Pontevedra
04 de agosto 2021

A tempada nacional de bádminton está aínda lonxe de comezar, pero a deportista británica do Ravachol regresou á competición no seu país conseguindo o seu primeiro triunfo do curso

Georgina Bland tras gañar o seu primeiro torneo da temporada en Inglaterra
Georgina Bland tras gañar o seu primeiro torneo da temporada en Inglaterra

A tempada nacional de bádminton está aínda lonxe de comezar, pero o Club Bádminton Ravachol levou xa a primeira alegría do curso grazas á súa representante británica, Georgina Bland.

A xogadora, que renovou co club pontevedrés para afrontar o segundo proxecto da entidade na División de Honra, regresou á competición no seu país disputando un torneo 'Senior Gold', a máxima categoría inglesa, na localidade de Milton Keynes.

Na cita Bland non cedeu nin un só set levándose o triunfo de xeito incontestable na categoría individual feminina.

Antes de volver a España para centrarse na competición liguera co Ravachol, a xogadora británica afrontará un novo obxectivo no campionato de Inglaterra que se celebrará os días 21 e 22 de agosto.

Subcampiona en 2018 e 2019, Georgina Bland buscará o seu primeiro título nacional para comezar con forza a tempada.