Apenas terminou a tempada do Cisne na Liga Asobal e o club pontevedrés empeza a moverse pensando no que será o seu novo proxecto na División de Honra Prata.
Tras anunciar a saída de toda unha institución na entidade como Miguel Simón e tamén a de Daniel Ramos, a terceira baixa confirmada polo club é a de Gonzalo Carró.
O pivote, incorporación destacada o pasado verán para a estrea cisneísta na máxima categoría, viviu en Pontevedra un ano complicado non só polo descenso, senón pola lesión de ombreiro que sufriu en pretempada e que lle obrigou a pasar polo quirófano non podendo debutar ata a segunda volta da competición.
Desde o Cisne "dámoslle as grazas polo seu compromiso co noso club e desexámoslle moitísima sorte nesta nova etapa que comeza", sinalou o club na despedida do xogador.
BAJA | El pivote defensivo @GonzaloCarroC tampoco seguirá con nosotros la próxima temporada.
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 1, 2021
Le damos las gracias por su compromiso con nuestro Club y le deseamos muchísima suerte en esta nueva etapa que comienza! GRACIAS #SomosCisne pic.twitter.com/avNpATTZSF
Todo apunta a que Carró seguirá xogando o próximo curso na Liga Asobal defendendo as cores do Balonmán Nava.