A contagotas o Club Cisne avanza na composición do equipo para o seu retorno á División de Honra Prata despois dun ano na elite.
Nese novo reto non faltará un dos capitáns do equipo, Javi Vázquez, que seguirá ligado ao conxunto pontevedrés renovando por un ano máis.
Trátase da cuarta confirmación do Cisne, tras as renovacións de Prezado e Jorge Villamarín e a fichaxe do portugués Daniel Neves.
No caso do extremo a decisión de continuar basea sobre todo en que "es mi casa", asegurou tras toda unha vida ligado ao club desde as categorías inferiores.
"Estoy seguro que después de un año de intenso sufrimiento por parte de todos nos espera un año lleno de alegrías para todos, tanto para los jugadores como para la afición", sinalou tras confirmase a súa continuidade.
RENOVACIÓN | Seguimos con las renovaciones, y en este caso, una muy especial, ya que la próxima temporada seguiremos disfrutando del capitán del Cisne @javivazquez13 ¡20 años lleva vinculado al Club el extremo izquierdo! ¡Grande Javiva! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/3eebJeA9ch
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 26, 2021