Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)

Pontevedra
05 de febreiro 2023

Encontro de alto nivel o que viviu o Tenis de Mesa Monte Porreiro contra o CTM Murcia no Pavillón de Sagonera. O duelo, correspondente á 13 xornada de Superdivisión, decidiuse por pequenos detalles a favor dos pontevedreses, que sumaron un novo triunfo para seguir asentados na parte media da táboa  

Partido entre CTM Murcia e TM Monte Porreiro
Partido entre CTM Murcia e TM Monte Porreiro

Encontro de alto nivel o que viviu o Tenis de Mesa Monte Porreiro contra o CTM Murcia no Pavillón de Sagonera. O duelo, correspondente á 13 xornada de Superdivisión, decidiuse por pequenos detalles a favor dos pontevedreses, que sumaron un novo triunfo para seguir asentados na parte media da táboa.

O primeiro duelo enfrontou a Padasak e Gastón Alto. Foi un partido intenso e moi disputado con moitas alternativas entre os dous xogadores, que finalmente levou o do Monte Porreiro no quinto set despois de varias remontadas.

A continuación, Angelakis contra Martín Bentancor e Javier Soria contra Nico Galvano cedían 2-3 en dous grandes encontros que, de novo, decidíanse pola mínima.

Co 0-3 reduciu diferenzas o cadro murciano con Angelakis sobre a pista, que gañou por 3-1 a Gastón Alto con longas xogadas defensivas desde o fondo da pista e contraataques por sorpresa que puideron co arxentino.

Padasak gañou a Galvano por 3-2 noutro bo partido do tailandés e Murcia achegábase cun 2-3 no cómputo global, ata que no último duelo entre Nico Galvano e Javier Soria, o do Monte Porreiro sentenciou por 0-3 para levar o triunfo por 2-4.

Consulta a acta do partido nesta ligazón