Nova vitoria ante a súa afección para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que escala ata o sexto posto tras superar 4-1 ao Irun Leka Enea.
Con todo, da mesma forma que ocorreu na anterior xornada, o cadro Nando Fernández tivo que remontar un 0-1 en contra tras a derrota de Bentancor fronte a Simon Berglund.
A partir de aí o Monte Porreiro non tivo rival. Gastón Alto superou en tres xogos a Dani Ruiz, Vílchez gañou por 3-1 a Endika Díez, Gastón Alto repetiu o seu anterior resultado fronte a Simon Berglund e, no quinto e definitivo envite, Bentancor gañou 3-1 Endika Díez para sentenciar cun 4-1 global que deu a vitoria aos locais.
Grazas a este resultado, o cadro pontevedrés ascende á sexta praza con 16 puntos.
Consulta as estatísticas nesta ligazón