Grandes marcas no inicio do Campionato Galego de Inverno de Natación

Pontevedra
29 de decembro 2015

O Club Natación Galaico domina a clasificación absoluta de clubs dunha competición que ten como sede o Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños

Campionato Galego de Natación de Inverno
Campionato Galego de Natación de Inverno / Cristina Saiz

O Club Natación Galaico domina a clasificación de clubs do Campionato Galego de Inverno de Natación que se está celebrando no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.

A competición iniciouse este luns 28 de decembro cunha primeira xornada na que os nadadores realizaron grandes rexistros, con ata nove mellores tempos persoais e un record autonómico, o de Marcos García (CN Ferrol) en 100 bolboreta con 52.37.

Entre as mellores marcas o pontevedrés Daniel Sánchez igualou o mellor rexistro galego para nadadores de 17 anos nas 50 costas (26.35).

Ata o mércores 30 de decembro compiten en Rías do Sur un total de 262 nadadores de 24 clubs de Galicia.