Granollers e Xixón, testemuñas de dúas boas actuacións do Bádminton Ravachol

Pontevedra
12 de novembro 2019

Nesas localidades disputáronse a fin de semana un Master Nacional Absoluto e outro para as categorías Sub-13 e Sub-17 respectivamente

Raquel Miguens (dereita) no podio do Máster Nacional Absoluto de Granollers
Raquel Miguens (dereita) no podio do Máster Nacional Absoluto de Granollers / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra participou a fin de semana con grandes resultados nos Máster Nacional Absoluto e o das categorías Sub-13 e Sub-17 celebrados respectivamente en Granollers e Xixón.

Na localidade catalá disputouse a competición absoluta, na que Raquel Miguens conseguiu un notable resultado que lle permite seguir escalando posicións no ranking nacional no seu obxectivo de disputar o Campionato de España.

Miguens fíxose coa medalla de prata no dobres mixto xunto á súa habitual compañeira, a navarra Nelly Iriberri. 

Pola súa banda a Xixón desprazáronse tres deportistas pontevedreses, sendo a máis destacada Natalia Murio ao vencer no dobres mixto xunto ao madrileño Álvaro Moral. Trátase do seu cuarto título da tempada.

Murio competiu ademais na modalidade individual logrando unha meritoria medalla de bronce.