Estrea de Cuntis como sede do circuíto galego de bádminton

Pontevedra
10 de decembro 2019

Os deportistas do Club Bádminton Ravachol Pontevedra foron protagonistas da cita competitiva celebrada no pavillón cuntiense

Circuíto galego de bádminton en Cuntis
Circuíto galego de bádminton en Cuntis / Concello de Cuntis

O pavillón municipal de Cuntis foi escenario a fin de semana dunha proba do Circuíto Gallego Sub-11 e Absoluto de Bádminton.

A cita, primeira que se organiza en Cuntis, congregou a preto de 70 deportistas de distintos clubs da comunidade, xogándose un total de 110 partidos durante toda a xornada.

Os deportistas do Club Bádminton Ravcahol Pontevedra fixéronse co protagonismo da xornada cun botín de sete medallas.

En dobres mixto absoluto, Álex Nogueira e a estradense Ana Carbón levaron o ouro ao vencer na final a Miguel Serrano e Noelia Gestoso. Nogueira completou a súa participación cunha prata en individual. Pola súa banda Raquel Miguens levou dúas medallas de prata, en individual e en dobres xunto a Gestoso.

O dobres masculino tamén tivo cor pontevedresa coa vitoria de Pablo Sanmartín xunto ao estradense Manuel Brea, e en Sub-11 Pablo Albores fíxose cun bronce en dobres xunto ao estradense David Domínguez. Elba Xesteira completou a participación do club no evento.