O Bádminton Ravachol pecha o ano terceiro tras unha fin de semana sen erro en Navarra

Pontevedra
16 de decembro 2019

O conxunto pontevedrés conseguiu unha tripla vitoria nos enfrontamentos de Primeira Nacional celebrados a fin de semana na localidade navarra de Estella

Equipo do Bádminton Ravachol Pontevedra na xornada de liga en Estella
Equipo do Bádminton Ravachol Pontevedra na xornada de liga en Estella / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Importante paso adiante o dado polo Club Bádminton Ravachol Pontevedra na localidade navarra de Estella, onde desprazouse para afrontar a última xornada do ano na Primeira Nacional.

O conxunto pontevedrés sumou unha tripla vitoria ante o CB El Campello, o CB Huesca e o CB Palma que lles mantén na terceira posición da clasificación empatados a puntos co segundo.

Alejandro Nogueira, Raquel Miguens, Manuel Brea, Ana Carbón, Miguel Serrano, Noelia Gestoso e Amaia Torralba, acompañados do técnico Jesús Pereiro representaron o Ravachol en Navarra.

O primeiro enfrontamento da fin de semana foi contra El Campello, equipo valenciano da zona baixa da táboa, ao que superaron por un contundente 7-0. Despois chegaría a quenda do CB Huesca, outro equipo que chegaba con apuros e ao que se conseguiu vencer por 5-2.

Por último pechou a xornada o duelo do CB Palma, outro dos equipos necesitado de puntos para evitar o descenso e ao que tamén se conseguiu gañar de maneira clara (5-2).

"Estamos moi contentos cos resultados desta xornada, acabamos o ano terceiros e coas aspiracións intactas para seguir loitando arriba. Ademais, tivemos moi boas sensacións cos individuais de Amaia, e estamos contentos co debut de Serrano", declarou tras a xornada o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro.