Guillermo García e Irene Trabazo, opcións marinenses no Campionato de España de Ciclocrós

Marín
05 de xaneiro 2017

Os dous ciclistas marinenses forman parte da Selección Galega que afronta, desde este venres, o Nacional de Ciclocrós que se disputa en Valencia

Guillermo García, no I Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocrós en Campañó Mónica Patxot

Valencia acolle esta fin de semana, desde o venres 6 de xaneiro, o Campionato de España de Ciclocrós, no que Marín estará unha vez máis ben representado.

Á cita acoden Irene Trabazo (Meruelo) e Guillermo García (Club Ciclista Marín) dentro da Selección Galega que integran un total de 20 corredores.

Irene, tras realizar unha xira en Bélxica na que participou en probas como o Superprestigio de Diegem ou a Copa do Mundo de Heusden-Zolder que lle serviron para coller experiencia e recuperar as boas sensacións, tentará repetir a medalla conseguida hai un ano na categoría junior, cando foi prata, aínda que agora competirá na sub-23 durante a xornada do sábado.

Pola súa banda Guillermo García competirá na categoría junior, fixada para a mañá do domingo 8 de xaneiro.