A Deputación de Pontevedra instalará este luns unha pantalla xigante diante do Pazo Provincial.
Será para seguir en directo o partido de oitavos de final do Mundial entre Portugal e España (21:00 horas).
"Ás nove da noite agardamos a todos aquí para ver o partido entre España e Portugal. Gustaríanos que fora outro país o rival, pero o choque cos nosos veciños lusos promete emoción. Se tivera que facer unha porra diría 0-2 para España con gol de Borja Iglesias", declarou o presidente provincial, Luís López.
O mandatario realizou a invitación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno celebrada este luns. Tras ela, anunciou que esta será a única pantalla que se instalará na cidade para seguir o encontro.
Non é a primeira vez que o goberno provincial realiza a este tipo de iniciativas.
Hai dous anos, a Deputación xa instalou unha pantalla xigante no Paseo de Montero Ríos para seguir a final da Eurocopa de 2024, na que España se proclamou campioa tras imporse a Inglaterra por 2-1.
Así mesmo, hai apenas uns meses os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol tamén puideron seguir o encontro de liga fronte ao Tenerife a través dunha pantalla colocada fronte ao Pazo Provincial.