Hamburgo, primeira experiencia de Carmen Gómez nas Series Mundiais de tríatlon

Pontevedra
17 de xullo 2016

A triatleta pontevedresa debutou en Alemaña na máxima categoría do tríatlon mundial finalizando no posto 52 de próbaa elite feminina

Carmen Gómez durante o tríatlon Cidade de Pontevedra
Carmen Gómez durante o tríatlon Cidade de Pontevedra / Diego Torrado

Non esquecerá facilmente Carmen Gómez Cortés a cidade de Hamburgo, Alemaña, lugar do seu debut na máxima categoría do tríatlon internacional.

A triatleta pontevedresa, aínda de idade junior, estreouse na localidade xermana nunha proba das Series Mundiais, na categoría elite feminina.

Non foi un debut sinxelo, e é que Carmen finalizou no posto 58 tras 1 hora 2 minutos e 34 segundos de esforzo, nunha carreira que se lle fixo longa a pesar da súa distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé).

A vencedora final foi a estadounidense Katie Zaferes (57:03). Tamén participaron en Hamburgo deportistas junior que comparten traxectoria con Carmen Gómez, como Inés Santiago (58:51) ou Cecilia Santamaría (59:45).

Con todo a experiencia, primeira nas Series Mundiais, é máis que positiva para a pontevedresa, que aspira a ir progresando pouco en pouco no ránking internacional.